Dentro do obradoiro
Atelier
Manifesto
MASeL nace nun obradoiro, non nunha oficina. Aquí debúxase, patrónase, córtase e cósese: todo o proceso sucede á vista e a man.
Cremos na moda como xesto: pezas que incomodan un pouco, que saen do molde e que duran. Traballamos con tecidos seleccionados, series moi curtas e encargas á medida.
Encargas á medida
Deseñamos contigo unha peza única —dende unha chaqueta de cerimonia ata un vestiario completo para escena— con probas no obradoiro e acabados feitos a man.
O proceso
-
01
Bosquexo
A idea debúxase e discútese na mesa do obradoiro, cos tecidos diante.
-
02
Patrón
Patronaxe propia, á medida da peza e de quen a vai levar.
-
03
Corte e costura
Cada peza córtase e cósese a man, en series moi curtas.
-
04
Proba final
Axustamos sobre o corpo ata que a peza cae como debe.
Cita no obradoiro
Falemos
Citas no obradoiro, encargas á medida, prensa ou colaboracións. Respondemos en 24–48 h laborables.
- ordygarciainfo@gmail.com
- Prensa
- ordygarciainfo@gmail.com
- Teléfono
- +34662382439
- Obradoiro
- Rua Nova 67, 27001, Lugo
- Horario
- De Lunes Sábado de 10am a 2pm y de 4pm a 8pm